As Xornadas da Camelia celébranse cada ano dende o 2008 coincidindo co inicio da primavera.
Móstrase tanto a gama cromática coa que conta esta especie nas súas múltiples variedades, coma o enxeño e inspiración que esta flor presenta para realizar diversas composicións artísticas.
As Xornadas da Camelia téñense convertido nunha das mostras máis importantes de Galicia, coa participación de máis de 60 expositores/as chegados/as dende todo o País.