O 3º domingo de xullo vénse organizando dende tempos remotos a festa na honra do Cristo das Angurias. Dúas semanas de programación cultural diaria dan paso á fin de semana grande das festas. Dende 2010, o estourazo dende o balcón da Casa da Cultura marca o inicio dos festexos. O domingo pola mañá celébrase un acto cívico de recoñecemento a salcedenses distinguidos/as e durante toda a fin de semana hai verbena. O luns do Cristo é festivo local en Salceda.
Festas do Cristo
