Soutelo

Soutelo está a 4,8 km do centro do municipio. Rexistra a súa altitude máxima en Sobredo (180 m), e está bañada polo regato Fonte Ferreiro.

Aparece nomeada en varios documentos do século XII. Nun documento do ano 1206, o Rei Alfonso IX fai doazón dos bens que posuía nesta parroquia ao bispo de Tui. Permaneceu baixo Señorío do Bispo de Tui ata o século pasado.

Os seus barrios son: Casal, Outeiriño, Toural, Igrexa, Madorro, Mallón e Torreiro.