Está situada ao pé dunha cordilleira que se prolonga de Norte a Oeste, sobre unha ampla chaira que forma a veiga do río Caselas.
Santa María de Salceda debe a súa orixe a un Mosteiro da Regra de San Bieito, fundado sobre o ano 914 pola Raíña Dona Aragonta, esposa repudiada de Ordoño II.
A freguesía de Santa María de Salceda foi adquirida por Alemparte Correa ao rei Felipe II, para asentar nela a casa-pazo de Pegullal. Coroando o balcón do pazo de Avalle, restaurado, respectando as súas formas orixinais, hai un anxo suxeitando o sol que dá orixe ao escudo de armas do Concello.
Santa María divídese en barrios, onde os máis coñecidos son o da Esfarrapada, que é o centro da vila, A Feira e Castro Barreiro. Estes dous últimos barrios integran un dos carnavais máis antigos do mundo onde presentan a súa rivalidade a través de diversos actos que teñen lugar o luns e martes de Entroido.