Penedo Redondo

Situación: parroquia de Parderrubias. Trátase dun fermoso lugar onde gozar dun día en contacto coa natureza, con numerosos camiños forestais polos que dar un tranquilo paseo.

Infraestruturas: Mesas e bancos, asadores, fontes, remuíño de vento, campo de fútbol, cancha de baloncesto, ruta de sendeirismo G.R. 58-3.

Vexetación: Catalpa (Catalpa bignonioides), carballo americano (Quercus rubra), aligustre (Ligustrum lucidum).

Fauna:

Aves: verderois, zorzais, pombas torcaces, ratoeiros, coellos, corvos pequenos e pegas.

Réptiles: lagarto ocelado e lagartixa ibérica.

Insectos: cicindela (Cicindela campestris).

Mamíferos: rato de campo (Apodemus sylvaticus).