O próximo venres terá lugar a firma dos contratos cos emprendedores que ocuparán as oficinas do Viveiro de Empresas situadas no Centro de Desenvolvemento Local.
Unha das oficinas quedará de momento valeira pola renuncia da cuarta solicitante. Tres das catro oficinas serán ocupadas a partires deste 21 de marzo por:
– Un emprendedor que desempeñana actividades de deseño, innovación, arquitectura e formación.
– Outro que se adicará a reparación e mantemento a domicilio de todo tipo de averías.
– Un enxeñeiro no sector da enerxía, deseño de maquinaria e tecnoloxías da información.
Neste sentido a Tenente Alcalde destacou que o Viveiro atópase nun espazo idóneo, xa que o CDL O Torrón no que se ubica está en pleno funcionamento todo o día, recibindo máis de 100 alumnos diarios, o que hai que engadir as consultas ao Técnico Local de Emprego e a Orientadora Laboral.
Marina Cabaleiro, “co Viveiro búscase contribuir o fomento do autoemprego, dinamizar a actividade socioeconómica e apoiar a posta en marcha e continuidade de empresas de recente creación, de maneira que promovan a innovación, así como a creación de emprego no municipio. En resumo, o obxectivo prioritario do Viveiro de Empresas é favorecer a creación e desenvolvemento de empresas no municipio, búscase promover o desenvolvemento económico e a creación de emprego estable”.