O teatro da Escola Infantil Xoaniña sube de novo o escenario coa obra “Aghárrame esas Piratas” que representarán o sábado 15 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.
É unha iniciativa que parte do Teatro Xoaniña e coa que colabora a Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda. Por segundo ano a entrada para ver a obra é un alimento que irá destinado ao Programa de Alimentos que xestiona a Concellería de Benestar.
Neste caso será un alimento navideño para entregar ás familias o próximo 20 de decembro xunto cos xoguetes que se recolleron no II Nadal Solidario.
Marina Cabaleiro “agradecer en nome das familias usuarias do Programa de alimentos está iniciativa solidaria, unha vez máis demóstrase que Salceda é solidaria xa que nas últimas semanas estanse achegando ao concello diversas empresas, asociacións e particulares que queren aportar a súa pequena colaboración para que este nadal sexa máis levadeiro para ás familias afectadas pola crise”.