Soutelo acolle a I Xtrema Soutelo

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da I Xtrema Soutelo, unha proba absoluta cronometrada composta de un percorrido de 8 km., con diversos obstáculos. No acto estiveron presentes o Alcalde Marcos Besada e a Concelleira de Xuventude Loli Castiñeira, que arrouparon aos representantes do Centro Cultural (Ignacio Souto), a Comunidade de Montes (Emilio González) e o tecido empresarial (Telmo Paramos) da parroquia de Soutelo.

Trátase dunha proba de atletismo con obstáculos naturais e artificiais, que vai transcorrer polos montes comunais da parroquia de Soutelo. Estamos a falar dunha das primeiras probas destas características na provincia de Pontevedra. Os participantes deberán ser maiores de 16 anos (os menores de idade con autorización), e poden formalizar a súa inscrición a través de Cronotec ata o vindeiro 3 de xuño (8 €). As prazas son limitadas. Dende a organización recomendase a roupa de manga longa ara participar na proba.

Ignacio Souto, Presidente do Centro Cultural do Borralliño, destacou os servizos con que conta a proba: avituallamento, zona de duchas, agasallos para os participantes… Así mesmo agradeceu a implicación do Concello e os demáis colaboradores “sin os cales sería totalmente imposible sacar adiante este evento”.

A proba completarase con unha xornada de eventos varios: xantar popular, mercado de productos artesanais e ecolóxicos, estrea de teatro… Para todo isto resulta fundamental a implicación de varios colectivos: Centro Cultural, Concello, Comisión de Festas, Comunidade de Montes, Tecido empresarial e veciños e veciñas da parroquia.

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo, destacou a importancia da posta en marcha de iniciativas novas como a Extrema Soutelo. “Sutelo ten a xente adecuada para levar a cabo este tipo de programas, e ademáis conta con unhas instalacións perfectas na Área Recreativa do Borralliño”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, aproveitou a ocasión para felicitar aos veciños e veciñas de Soutelo pola súa capacidade de unión e de levar a cabo estes proxectos. “Coa unión dos distintos sectores, Soutelo sempre demostrou estar preparada para iniciativas de interese para veciños e visitantes”.

 

Gabinete de Prensa, 28 de maio de 2015