Solidaridade co Programa de Alimentos do Concello de Salceda

Teatro da E.I. Xoaniña

O teatro da Escola Infantil Xoaniña subiuse de novo o escenario coa obra “Aghárrame esas Piratas” o pasado 15 de decembro no Auditorio Municipal.

Unha iniciativa que partiu do Teatro Xoaniña e coa que colaborou a Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda. Nesta ocasión a entrada para ver a obra foi un alimento de nadal destinado ao Programa de Alimentos que xestiona a Concellería de Benestar.

O igual que en outras ocasións o auditorio estivo repleto de veciños e veciñas que disfrutaron dunha obra agradable e simpática representada por unhas actrices espectaculares (entre mamás e educadoras da escola infantil).

 

 

 

 

Quilos de música

Concerto de nadal da Banda de Música Cultural de Salceda en favor do Programa de Alimentos de Salceda celebrado o domingo 23 de decembro.

Organizado pola Asociación Amigos de Música e coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas.

Os asistentes conseguiron a súa entrada a cambio dun quilo de calquera alimento non perecedeiro.

Un magnífico concerto por unha grande causa a favor daquelas familias máis desfavorecidas.

 

II SAN SILVESTRE Concello de Salceda

Ademáis este ano a II San Silvestre do Concello de Salceda tamén tivo o seu carácter solidario, como non podía ser doutra maneira.

Organizada pola Tenencia de Alcaldía e coa colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, nesta ocasión o dereito a participar adquiríase a cambio de 1 litro de leite para o Programa de Alimentos.

Outras colaboracións

Marina Cabaleiro, responsable da área de Benestar Social quere agradecer en nombre das familias usuarias do Programa de Alimentos a colaboración das entidades anteriores e tamén doutras empresas, asociacións e particulares que colaboraron con este programa de forma desinteresada, entre outros:

– Reparaciones Aragonta, S.L.

– Darlim, S.L.

– Farmacia Juan Pablo Peleteiro.

– Traballadores de Viza Automoción.

Todos eles axudan a que as familias máis necesitades pasen un nadal máis xusto.

Todos os alimentos recollidos nestas campañas e colaboracións foron entregados o venres 21 de decembro as 100 familias usuarias do Programa de Alimentos, xunto cos xoguetes recollidos na 2ª campaña de recollida de Xoguetes promovida pola Concellería de Benestar Social.

Marina Cabaleiro, “non podemos máis que agradecer todas estas colaboracións, sen esquezernos dunha peza fundamental para levar a cabo estas iniciativas que é a VOLSA (Bolsa de Voluntariado de Salceda), sen todos eles non sería posible”