O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración co CEP Altamira celebrou esta mañá un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, no día que se lle adica á escritora, coincidindo co 179 aniversario do seu nacemento. O patio do CEP Altamira, situado xustamente na Rúa Rosalía de Castro, serviu de escenario para a lectura que nenos e nenas do colexio, acompañados do profesorado e do equipo de gobernó do Concello de Salceda, levaron a cabo, para a continuación procedr a unha ofrenda floral que se realizou ante a placa conmemorativa que lle dá nome á rúa, instalada xusto frente ao colexio.
Concello e colexio uníronse así aos centos de celebracións que nestes días están a ter lugar ao longo de todo o País, e que en Salceda cobran especial significación pola existencia dunha rúa adicada á insigne escritora.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Ensino, agradeceu a boa acollida que tivo a iniciativa por parte do CEP Altamira. “Foi un enorme pracer compartir esta actividad ecos nenos e nenas e co profesorado, e escoitar os textos máis coñecidos de Rosalía na voz dos cativos. Estamos a falar dunha figura apaixoante, a cal continúa a ser un reto estudiar e explicar na súa totalidade e na súa complexidade”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, anima á veciñanza a participar na iniciativa de agasallar neste día con un libro en galego e unha flor “contribuíndo así ao recoñecemento dunha figura que marcou e segue a marcar a nosa literatura e a nosa historia. A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual”.
Foto: Alcalde e Concelleiros/as do grupo de gobernó coa directora do CEP Altamira ante a placa homenaxe a Rosalía