A Concellaría de Xuventude do Concello de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, organiza o obradoiro “Liderado para o éxito”, un obradoiro monográfico de resolución de conflictos e comunicación persoal e interpersoal que se vai levar a cabo dende a OMIX a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O obradoiro, que se realizará o vindeiro venres 31 de outubro no Auditorio Municipal de Salceda ás 17:30, tratará o deseño dun proxecto de crecemento persoal, analizando a situación que leva a conflicto, as metas e os medios existentes para lograr o éxito.
O acceso será de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir. Os mozos e mozas menores de 30 anos recibirán ademáis un diploma que acredite a súa asistencia, por tratarse de programas dirixidos á xuventude.
Loli Castiñeira, Concelleira de Xuventude, destacou a importancia deste tipo de iniciativas “estamos ante unha oportunidade única para traballar o afán de superación persoal e a motivación nunha franxa de idade que está a sufrir unha dura situación de desemprego. A boa predisposición resulta básica para superar atrancos, e fundamental na búsqueda e consolidación dos postos de traballo”.