Salceda ten 36 desempregados menos respecto do mes anterior, isto supón unha diminución do 3,20%.
Esta reducción é un reflexo dos esforzos que se levan a cabo dende a área de emprego do Concello. A concellería de emprego, dirixida pola Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, conta neste intre con un servizo de Orientación Laboral que traballa conxuntamente co Técnico Local de Emprego xa existente, ubicados os dous servizos na casa do Concello. A pesares desta significativa disminución, a cifra segue sendo tremendamente alta, e moitas familias de Salceda seguen tendo todos os seus membros desemprgados, “polo que dende as distintas administracións temos que seguir traballando para que esta situación mellore”.
As políticas de emprego que se levan a cabo dende a concellería van focalizadas en dous pilares base: A formación e a orientación para a insercción laboral, no que xoga un importante papel o servizo de orientación laboral. E por outra banda o asesoramento a emprendedores, xa que o técnico de emprego recibe cada vez máis consultas de desempregados que teñen un proxecto de autoemprego. Algúns dos cales xa fixeron consultas sobre os servizos que ofrecerá a concellería no Viveiro Municipal de Empresas que se vai ubicar no CDL de O Torrón.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e concelleira de Emprego e Formación, explica que “dende esta concellería queremos facer unha importante aposta polos emprendedores, porque o autoemprego é a saída para moitos dos desempregados, a falta de axudas por parte da Xunta de Galicia fai que como administración máis cercana traballemos para poñer a súa disposición os recursos necesarios, debemos