Salceda pecha o 2011 con ambiente festivo

Máis de 500 participantes precorreron o casco urbán

O Concello de Salceda de Caselas, coa organización da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, puso en marcha a primeira carreira San Silvestre. A carreira discurriu por todo o centro urbán da Vila e nesta primeira edicción os participantes correron 2700 metros. O ambiente foi moi festivo, con moitos dos corredores disfrazados, e o abano de idade estivo entre 1 e 70 anos, idade esta última que superaron varios dos participantes.  Entre os concurrentes na proba tamén se atopaban corredores profesionais de Salceda e dos concellos limítrofes. No remate da carreira todos tiveron bocadillo, auga e chocolate. Fíxose mención especial o senior feminino e masculino e tamén o máis cativo feminino e masculino. Marina Cabaleiro, resalta que “pretende ser un evento a consolidar en futuras edicións, xa que a participación desta superou as 500 persoas, entre os 430 inscritos e os que se animaron a última hora”. Destacar a participación na proba de moitos membros da corporación municipal, o Alcalde, a Tenente Alcalde e varios concelleiros. Unha maneira festiva e deportiva para dar remate a este ano 2011.