A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o equipo de goberno (MS + PSOE) veñen de anunciar a súa decisión de manter o apoio económico á cultura e ao deporte a pesares do parón de actividades que supoñen o estado de alarma e a pandemia do coronavirus. Así, o Concello de Salceda volverá asinar este ano os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio, e manterá tamén os diferentes patrocinios que ao longo do ano se asinan con diferentes deportistas individuais de Salceda (participantes en rallyes, piragüístas, etc).
O equipo de goberno quere deste xeito dar resposta a uns compromisos económicos que axudarán a sufragar uns gastos que en moitos casos xa estaban realizados, e que o parón de actividades deixa a estas entidades e deportistas nunha difícil situación que deste xeito se ve en parte atenuada grazas ao apoio municipal.
Alcaldesa e concelleiros e concelleiras traballan tamén xa na oferta de ocio que poida substituír ás previsibles suspensións de actividades municipais, que a día de hoxe afectan xa á “Corre x Salceda” que debería celebrarse o vindeiro 3 de maio, ás letras galegas e a festa dos maios do 17 de maio, e incluso á probabilidade de que este ano non poida celebrarse o Verán Cultural e as Festas do Cristo no mes de xullo.
Loli castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Non imos deixar tirados aos nosos e ás nosas deportistas, nin ás diferentes asociacións e clubes. O Concello de Salceda sempre fixo unha firme aposta pola cultura e o deporte, e nestes momentos difíciles non vai ser doutro xeito. A sociedade salcedense, e nomeadamente o tecido asociativo, está a ser exemplo de solidariedade e responsabilidade, e poden estar segura que o Concello será responsable con todo ese tecido asociativo”
Gabinete de prensa, 19 de abril de 2020
- O concello
- Emprego e formación
- Turismo
- Concellarías
- Información municipal
- Directorio
- De interese
- Perfil do contratante
- Formularios e impresos