Salceda instalará columpios adaptados nos seus parques infantiles

O Concello de Salceda instalará nas vindeiras semanas xogos infantís adaptados para os cativos con mobilidade reducida nos parques municipais da Gándara e Raíña Aragonta. Trátase de elementos inclusivos nos que todos os nenos e nenas poden xogar conxuntamente compartindo espazos e instalacións. O proxecto conta con un orzamento de 15.636,83 €, dos cales 10.338,40 están financiados pola Xunta de Galicia a través da liña de subvencións para a creación e/ou mellora de infraestructuras, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación dos servizos municipais.

Hai que lembrar o enorme crecemento poboacional de Salceda, que chegou a alcanzar a taxa de natalidade máis alta de Galicia, o que fai precisas actuacións deste tipo dirixidas á poboación infantil. O Concello quixo tamén lembrarse dos cativos con necesidades especiais e con problemas de mobilidade, polo que os xogos que se coloquen serán adaptados a todos eles. Así mesmo, en ámbolos dous parques, realizaranse as obras precisas para garantir o acceso dende a vía pública ata as zonas de xogos ás persoas con mobilidade reducida e cadeiras de rodas.

Tere Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Salceda segue a mellorar as súas instalación de cara ás persoas con mobilidade reducida. Lévanse eliminado ducias de barreiras arquitectónicas, e seguiremos nesa liña, pois non podemos permitir que haxa veciños e veciñas que non poidan desfrutar do noso pobo por culpa destas barreiras. Con este proxecto damos un pasiño máis, neste caso dirixido aos máis cativos”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa accidental e Concelleira de Parques e Xardíns: “Seguimos a mellorar os nosos parques e zonas infantiles. Na medida das nosas posibilidades seguiremos a construir unha vila con espazos naturais e zonas de paseo, xa que vemos que día a día se enchen de salcedenses e visitantes que elixen a nosa vila para o seu tempo de ocio. Esta é a Salceda que sentimos e así seguiremos a traballar nela”.