O Concello de Salceda vai asinar un convenio que establece o marco regulador de colaboración entre o Concello e a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas, encamiñado ao desenvolvemento do proxecto “Ruta do Viño Rías Baixas”. A Asociación está composta por 98 entidades, das cales 17 son administracións e 81 entidades privadas enolóxicas e turísticas, entidades que teñen que superar uns rigurosos parámetros de calidade que estipula a Ruta para cada tipo de establecemento e servizo.
A Ruta do Viño Rías Baixas é unha proposta turística que invita a descubrir o rico patrimonio do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e saborear tódolos matices da terra que o ve nacer. Esta ruta ofrece múltiples actividades e servizos turísticos que teñen como principal eixo temático o mundo do viño da D. O. Rías Baixas, ofrecendo unha experiencia completa e de calidade aos visitantes.
O Concello de Salceda de Caselas enmárcase dentro da zona do Condado do Tea xunto con Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente e Ponteareas, así como algunas parroquias dos Concellos de Tui, A Cañiza e Mos. Destes xa están incluídos no programa As Neves, Arbo e Crecente.
O programa suporá a creación de itinerarios turísticos que inclúan a Salceda, e que permitirán dar a coñecer os lugares de interese: sendas, patrimonio… Por outra banda, suporá un importante impulso para o sector hostaleiro, que se verá beneficiado coa súa presenza nos diferentes paquetes turísticos que se oferten.
As acción fundamentais que se levarán a cabo serán o Plan de Actuación de Competitividade e Sostenibilidade da Ruta do Viño como producto turístico, acción e medidas de sensibilización para o sector vitivinícola, un plan de formación e profesionalización, o desenrolo do sistema de calidade preciso para o correcto funcionamento da Ruta do Viño e o observatorio turístico respecto dos procesos de recollida e avaliación de datos da Ruta.
Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo manifestou que “O Turismo é actualmente unha das actividades económicas e culturais máis importantes coa que pode contar un Concello. O movemento e a reactivación económica que xeneran este tipo de rutas é fundamental para o desenrrolo de establecementos gastronómicos e hosteleiros. Apostamos por este tipo de rutas para fortalezer o turismo no noso Concello, e para amosar Salceda a quen nos visite”
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou a importancia deste proxecto “para darlle a Salceda un lugar importante dentro dos puntos de destino do turismo de calidade. Estamos ante unha oportunidade única e non imos deixala escapar. A Ruta do Viño Rías Baixas terá en breve un punto forte no noso municipio”.