Salceda é un municipio seguro

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, presidiron onte a Xunta Local de Seguridade, á que tamén asistiron os Concelleiros Jose Luis González, Fortunato Álvarez e Marina Cabaleiro, así como representantes da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación de Goberno, Mª Paz Pérez Asorey.

Na xuntanza informouse do Plan de Ocio 2014, centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores, e do Plan Director, orientado a charlas informativas que se están impartindo nos centros de educación para previr o consumo de alcohol e drogas entre os xóvenes, así como fomentar o bo uso das tecnoloxías.

Os datos amosados na xuntanza son positivos, pois os delitos denunciados en Salceda descenden un 23% no que vai de ano con respecto ao ano anterior, ao igual que as faltas, que neste caso contan con un descenso dun 73%.

Os responsables municipais aproveitaron para poner de manifesto a súa preocupación polos atentados que se están a producir contra o patrimonio histórico, con roubos e desperfectos en pezas de incalculable valor patrimonial.

No caso da violencia de xénero, en Salceda de Caselas mantéñense 9 casos abertos, con un especial seguemento por parte da Policía Local.

O Subdelegado do Goberno e o Capitán da Comandancia da garda Civil agradeceron a colaboración da Policía Local coas diferentes forzas de seguridade do estado, e felicitaron ao Corpo polo seu bo traballo en Salceda de Caselas.

Na Xuntanza quedou tamén o compromiso de colaboración para datas sinaladas pola grande afluencia de público, como no caso da festa dos Callos, que contará con un reforzó do dispositivo de seguridade para garantir o normal desenrolo da mesma.

Jose Luis González, Concelleiro de Seguridade Cidadá, amosou a súa satisfacción polos datos positivos expostos na Xuntanza. “Salceda é un municipio seguro e tranquilo, e seguiremos a poner todo o noso empeño para que os datos sexan cada vez máis positivos”.

 

Gabinete de prensa, 23 de abril de 2014