Salceda de Caselas saca a concurso a cantina do campo do Penedo Redondo

O concello de Salceda iniciou o proceso de licitación para o uso privativo da cantina do campo do Penedo Redondo, mediante un procedemento aberto de licitación.

Esta cantina dotada de mobiliario para a súa explotación, atópase dentro das instalacións de titularidade municipal, que foron reformadas e melloradas coa súa ampliación, para poder atender á demanda crecente das persoas usuarias.

As persoas interesadas poderán acceder ao prego de Claúsulas Administrativas Particulares, no Perfil do contratante da Plataforma  de Contratos Públicos de Galicia na dirección https://www.contratosdegalicia.gal

O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais, contados dende o día seguinte ao 9 de novembro de 2022, día no que se realizou a publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante de dita plataforma.

Así mesmo a presentación de proposicións so poderá realizarse de forma electrónica, a través da URL do Sistema de Licitación Electrónica  da Xunta de Galicia (SILEX) na seguinte dirección web: https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/

 

Gabinete de prensa, 11 de novembro de 2022