O Concello de Salceda de Caselas procederá a instalación de tres aparellos desfibriladores en lugares nos que se practique deporte de xeito habitual ou que rexistren unha alta afluencia de público.
Como paso previo á súa instalación, o Concello de Salceda desenvolverá actividades formativas que permitan preparar ao persoal municipal para a utilización de ditos dispositivos. Dos tres desfibriladores, dous serán colocados en instalacións deportivas municipais, mentres que non se descarta que o terceiro teña carácter móbil para que no caso de producirse unha emerxencia poida ser levado ao lugar en que se precisa no menor prazo de tempo posible. Lembrando dende o Concello que “a rapidez con que se actúe ante unha situación na que se precisa un desfibrilador, pode marcar a diferencia entre un susto e unha traxedia”. Os desfibriladores foron subvencionados pola Deputación de Pontevedra e polo propio Concello de Salceda de Caselas.
O tempo de resposta é vital para salvar a vida da persoa que sofre unha parada cardíaca, tan só 3 ou 4 minutos xa que, segundo os expertos, por cada minuto que a persoa afectada pasa sen atención, é dicir, sen desfibrilación ou resucitación cardiopulmonar, as posibilidades de sobrevivir diminúen entre un 7% e un 10%. Pasados os primeiros dez minutos, as posibilidades de vida disminúen drásticamente.