Salceda amortiza máis de 95.000 € de gasto corrente por medio do Plan Concellos
O Concello de Salceda de Caselas amortizou un total de 95.980,58 € de gasto corrente por medio do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. O gasto correspóndese con facturas do consumo de alumeado público realizado no ano 2017, e será financiado dentro da Liña 2 do Plan Concellos, que permitía a amortización de gasto corrente.
O gasto anual en alumeado público no caso do Concello de Salceda de Caselas ronda os 350.000 € (case un 10% do orzamento anual), polo que esta subvención supón unha grande axuda á hora de afrontar este gasto.
Nos últimos anos lévanse realizado numerosas obras de mellora que permitan reducir o custe deste servizo, fundamental para a veciñanza, e que segue a supor unha importante carga financieira para o Concello.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “O Plan Concellos supón unha enorme axuda para os Concellos e, no noso caso, invístese en obras e servizos fundamentais para o día a día dos veciños e veciñas de Salceda”.
- O concello
- Emprego e formación
- Turismo
- Concellarías
- Información municipal
- Directorio
- De interese
- Perfil do contratante
- Formularios e impresos