O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Vías e Obras que dirixe Miguel González, está a acometer obras de mellora en diversos viais do casco urbano. Concretamente estase a proceder ao asfaltado do novo vial aberto entre a Praza de Abastos e o barrio da Pedra, así como á mellora das aceras na Rúa Brasil. O grupo de obras completarase coa mellora da estrada entre a Devesa e a parroquia de Entenza, que se acometerá tamén nos vindeiros días. Estas melloras ascenden a un total de 31.650,60 €, financiados íntegramente pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PPOS 2015.
No caso do vial que une a Praza de Abastos e o barrio da Pedra, este atópase na actualidade en terra, xa que estamos a falar dun enlace creado fai pouco tempo polo Concello de Salceda. Con esta actuación levarase a cabo o asfaltado do mesmo, e aproveitarase para colocar previamente as tuberías de abastecemento de auga e alumeado público, coa creación ademáis de dúas arquetas de rexistro para esta rede de alumeado.
A segunda actuación, na rúa Brasil, pretende homoxeneizar a rúa, tanto na sección da plataforma como na súa tipoloxía. Existen tramos de acera en formigón, que se acondicionarán coa mesma baldosa que hai no resto da rúa, mellorando así o seu uso por parte dos peóns. Aproveitarase ademáis para incluír os poucos servizos que non existen en ditos tramos, como as tuberías de abastecemento e alumeado público. Por outra banda, na zona superior da rúa a acera é moi estreita, polo que se procederá tamén á súa ampliación.
No último caso, entre a Devesa e Entenza, realizaranse ensanches localizados que amplíen a plataforma e, no tramo en peor estado, fresar e pavimentar o vial por completo, xa que se atopa moi deteriorado. A actuación completaras eco bacheado do vial nas zonas nas que sexa preciso.
Para a realización destas obras, adxudicadas á empresa Construccións Vale, estableceuse un prazo de dous meses.
Miguel González, Concelleiro de Vías e Obras: “Seguimos a traballar na mellora dos nosos viais, tanto urbanos como rurais, priorizando en todo momento á accesibilidade dos mesmos para todos e todas, recuperando e mellorando así a rede viaria do noso municipio”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Apostamos por un novo modelo de vila pensada para as persoas, e así o estamos a facer en cada unha das nosas propostas. Queremos unha Salceda para vivir, traballar e desfrutar, e seguiremos no camino do traballo constante para consegur o noso obxectivo”.