Salceda acolle o Who Rules Galicia con máis dun centenar de participantes

A vindeira fin de semana terá lugar en Salceda de Caselas a III Edición do “Who Rules Galicia”, un evento internacional de break dance. Este ano o evento contará cunha numerosa participación de nenos e nenas, confirmándose xa que será o evento con maior participación dende a súa creación. O evento naceu en Vigo como plataforma para que a xuventude puidese amosar as súas habilidades no que a cultura urbana se refire, e por vez primeira sae da cidade olívica para aterrar, neste caso, en Salceda de Caselas.
O evento contará con participantes “pro” chegados dende puntos tan diversos como Madrid, Sevilla, Irún, Carolina do Norte, Venezuela ou Ecuador. Como novidade o evento contará este ano con participantes convidados, cunha longa traxectoria no break dance, e que chegarán de toda a xeografía española e portuguesa, como son Found kid, un dos mellores Bboys de Portugal, gañador o ano pasado do Marisquiño, ou tamen Bboy Mini Joe campeón de España da battle of the year.
Máis dun centenar de participantes daranse cita o domingo na Praza do Concello a partires das 11:00, co protagonismo para os máis cativos durante a mañá e xa para os profesionais a partires das 16:00.
Establécense os seguintes premios:
400 euros e trofeo para o primeiro clasificado ou clasificada PRO
200 euros e trofeo para o segundo clasificado ou clasificada PRO
100 euros e medaia para bboy/bgirl Cypher
50 euros e medaia para o gañador ou gañadora do concurso de Flares
E medaias, trofeos e outras sorpresas para os nenos e nenas participantes.
A organización do evento corre a cargo de Guillermo Rodrigues e Lisi Estévez, abalados por formar parte da organización do Marisquiño en Vigo.

Gabinete de prensa, 3 de abril de 2019