O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa. A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos e as persoas interesadas teñen un prazo de vinte días para presentar as súas ofertas.
O Centro Social da Devesa, ubicado na rúa Vigo, acolle diversas actividades de ocio ao longo de todo ano (coro, teatro, zumba, ioga, guitarra…), ademáis de iniciativas de índole social, como o Programa de Respiro Familiar para os enfermos/as de Alzheimer. Así mesmo, serve de sede para asociacións sociais como a de Mulleres Rurais ou a de Xubilados e Pensionistas. Toda esta actividade garante unha presenza contínua de usuarios/as no edificio, polo que o servizo de cafetería do mesmo resulta de gran importancia, e así o levan demandado diversos colectivos. A isto hai que sumar a humanización de toda a zona aprobada xa para o 2019, que sen dúbida contribuirá á dinamización do centro social e, polo tanto, tamén da cafetería.
Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Con este proceso solucionamos a demanda prantexada por varios colectivos que pedían contar con este servizo no edificio, e por outra banda estamos dando unha oportunidade de traballo no pobo, que estamos seguros non vai ser desaproveitada”.