Roupeiro Municipal

Acude ao Roupeiro Municipal, onde  hai roupa e material que serve para os máis cativos, e para todas as persoas que así o desexen. Aproveita o inicio escolar para que os teus fillos e fillas poidan ter a roupa que necesiten.

Temos unha listaxe con material demandado necesitado polos nosos veciños e veciñas para poder compartir en maior medida entre todos, polo que no caso de demandar algún ben, podes solicitalo en medioambiente@salcedadecaselas.es.

O Roupeiro está aberto os días mércores de 16:00-18:00 e o xoves de 9:30-11:30, horario no que o voluntariado de Salceda de Caselas ten designado como días de atención.

Dende o Concello queremos convidar a todas as persoas a que veñan ao roupeiro e fagan uso do mesmo, e sobretodo felicitar á laboura do voluntariado sen o que este servizo se podería prestar.