A concellería de emprego e formación está a piques de rematar o Plan de Formación Municipal 2014 do primeiro semestre.
Este Plan estivo formado por cursos en distintas ramas e temáticas:
– Inglés para a búsqueda de emprego, dous grupos de distintos niveis.
– MS Office (nivel básico)
– MS Office (nivel avanzado)
– Informática Básica.
– Horticultura Biosostible.
– Técnicas Básicas de Cociña.
– Manipulador de Alimentos.
– Manexo da carretilla elevadora.
– Monitor de Tempo Libre.
Este primeiro semestre chegará o seu fin co Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais que impartirá a Fundación Laboral no mes de xuño e con unha xornada aberta a todos os públicos “Como implantar o teu negocio en internet? A Tenda Online”, coa que se pretende dar cabida ademáis de a desempregados, a autónomos e pequenas empresas existentes ou en proxección.
A concelleira de emprego e formación, Marina Cabaleiro, sinala “estamos satisfeitos dos resultados do Plan de Formación Municipal, no cal máis de 300 persoas se formaron neste semestre. Estamos a traballar no segundo semestre que acollerá cursos de outras especialidades, no que teremos en conta a formación demandada polas empresas coas que nos estamos poñendo en contacto para conseguir a insercción de persoas desempregadas da Bolsa de Emprego”