Rematan as obras do Plan Marco 2024

Nesta semana quedaron rematadas as obras de mellora dos viais municipais no Agro (Parderrubias) e Veiga do Campo-O Barreiro (Santa María), dúas obras solicitadas pola veciñanza e que por fin poden facerse realidade. Este proxecto está subvencionado polo AGADER a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) , con unha subvención de 57.058€ que se completan con fondos propios do Concello.

A convocatoria do Plan Marco para este ano 2024 permitiu ademais a realización dun “estudo integral da rede viaria municipal”, que vai permitir contar con un catálogo actualizado de tódolos viais, con datos como o seu estado de conservación, o tipo de capa de rodaxe ou os niveis de utilización. Este estudo é unha ferramenta fundamental para establecer as prioridades nas futuras actuacións que se realicen, e o AGADER subvencionou a súa elaboración con 10.000€ que se completan co IVE a cargo dos fondos municipais.