Rematadas as obras de mellora do muro do campo municipal de A Gándara:

O concello de Salceda rematou as obras de mellora do muro lateral leste do campo de A Gándara, unha obra moi necesaria para asegurar o perímetro exterior do campo en relación ao camiño que discorre paralelo ao campo polo que transitan habitualmente pións e vehículos.

Ademais desta actuación leváronse a cabo outras como a habilitación de marcos para a colocación de publicidade e a mellora no acceso aos vestiarios e no cuarto de almacén  de mantemento.

A planificación das obras tivo en conta o desenvolvemento da tempada deportiva, xa que estiveron listas para que o Caselas F.C., equipo con 55 anos de historia, que milita no grupo 5 da Primeira Galega, disputara o seu primeiro partido na casa asegurando así o normal transcurso da competición.

Ao remate das obras asistiron a alcaldesa Verónica Tourón, o concelleiro de Deportes Rubén González, o xerente da empresa que realizou as actuacións de mellora e o presidente do Caselas FC. José Carlos Pena Iglesias

Rubén González concelleiro de Deportes: “Esta actuación sobre o muro leste era moi necesaria para comezar a tempada, porque estaba moi deteriorado, realizando unha intervención estrutural nas instalacións do campo da Gándara, fundamental para a súa conservación e mantemento”.

Verónica Tourón alcaldesa: “Seguimos a traballar na liña de atender ás necesidades fundamentais de conservación e mantemento que detectamos no conxunto das instalacións deportivas municipais e esta mellora era unha das mais urxentes para o concello e das mais demandadas pola comunidade deportiva de Salceda”.

 

 

Gabinete de prensa, 27 de setembro de 2022