Este xoves rematou a segunda edicción do curso de Manexo de Carretilla elevadora, que se celebrou no CDL de O Torrón.
No mesmo participaron 20 alumnos que recibiron as clases teóricas e prácticas no mesmo centro; aproveitando así as instalacións tanto interiores como exteriores que proporciona o centro.
Este curso estaba dentro do primeiro ciclo do Plan de Formación Municipal que ten en marcha a Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda. Os alumnos foron seleccionados cunha proba, xa realizada antes do primeiro curso, quedando nunha bolsa de reserva por orde de puntuación, a cal se acudiu para este.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación resalta que “este curso foi o máis demandado do primeiro ciclo de formación que se ofertou, tratamos sempre de dar resposta a demanda dos veciños e veciñas e para iso, neste eido estamos estudando un novo ciclo de formación, tentando que sexa a máis axeitada ao perfil dos nosos demandantes”.