PROGRAMA DE MAMOGRAFÍAS

O programa de Mamografías da Xunta, este ano non conta co servizo de transporte de autobús, que o SERGAS viña realizando dende o concello Salceda de Caselas, polo que o Concello tras varias negociacións vai a pagar o 50% do gasto de transporte, das persoas que se poñan en contacto co Concello para acollerse ao Servizo ofrecido polo mesmo.

Disporase dun medio de transporte no que o usuario terá que pagar a metade do custe. Dende o Concello xa nos estamos pondo en contacto coas persoas que nos preguntaron polo Servizo de Autobús e que deixaron o seu número de contacto, polo que se alguén máis está interesado ou interesada que fale co concello no número 986349003 para apuntarse na listaxe. A través da Concellaría de Sanidade, dirixida por Loli Castiñeira.

A dinámica vai a ser a mesma que a ofrecida polo servizo que o SERGAS viña prestando, partirase dende a primeira cita e regresarase ao rematar as citas dese día.