Programa Ambiental desenvolto en 2013

O Concello de Salceda de Caselas ven de desenvolver na área de Medio Ambiente e Medio Rural dirixidas polo Concelleiro Cándido Lorenzo, un programa de actividades que tivo como finalización o coñecemento, respeto e difusión do medio ambiente con actividades, plans e programas dirixidos para todas as idades.

Este programa de actividades foi levado a cabo no ano 2013, co compromiso de aumentar as actividades no ano 2014 con múltiples ofertas, entre os que principalmente se ofrecerán Xornadas, Xogos e Obradoiros que día a día incrementen a concienciación e sensibilización social polo Medio Ambiente e Medio Rural.

Agradecer a todas as persoas que participaron neste Proxecto, Asociación TrezeCatorze, as persoas que participaron a través do Voluntariado Medioambiental, Protección Civil, ao equipo que colaborou dende o Concello con Medio Ambiente, a Oscar Requejo e Manuel Domínguez Rey. A Adegas Corisca, a Antonia do Invernadoiro de Alxén, A Tabertenda, A Fundación de Produto Ecolóxico de Galicia, Maria José e Migueliño, a Abella Lupa, a Asociación Forestal de Galicia, Comunidade de Montes de Parderrubias, A Ramón Lourido, Fuco de Monte Cabalar, a Xavier Simón, Eva Serantes(Piruleta), EDAR Guillarei, por facer posible este proxecto.

PROGRAMACION AMBIENTAL 2013