Procedemento de selección de alumnos dos cursos do Plan de Formación Municipal 2014

Se resultan máis solicitudes que prazas para algún dos cursos, o procedemento a seguir na selección de alumnos será o seguinte:

  1. Sempre que resulte obxetiva pola tipoloxía do programa do curso realizarase unha proba de selección escrita. En casos excepcionais utilizarase o método de sorteo.
  2. Serán convocados/as á proba de selección ou sorteo todos os desempregados/as empadroado/ass no Concello de Salceda. Accederán os traballadores ou solicitantes doutros municipios no caso de que as prazas non poidan ser cubertas por desempregados/as do Concello de Salceda. Esta convocatoria farase a través de sms ó número de teléfono móbil que figure na solicitude.
  3. Unha vez realizada a selección, avisarase por teléfono a aqueles/as solicitantes que resultasen elexidos/as. No caso de rexeitar a praza entrará o primeiro suplente. Para evitar, no caso de que houbese moitos solicitantes, que varios cursos recáian nunha mesma persoa e queden solicitantes sen acceder a ningún, no caso de ser seleccionados para dous cursos, no momento de realizar a chamada será o alumno/a o que rexeite aquel que menos lle interese. De todas maneiras, este procedemento non garante que todos/as os solicitantes fagan un curso, xa que iso vai depender dos cursos elexidos e do número de solicitantes.
  4. Unha vez cotexadas todas as seleccións e tendo a confirmación de aceptación do curso, publicaranse as listaxes na páxina web oficial do Concello, nos tablóns do CDL O Torrón e no facebook da Concellería de Emprego e Formación.

Os solicitantes dos cursos do Plan de Formación Municipal poderán consultar toda a documentación relativa a estes procesos na Concellería de Emprego e Formación.