Posta en marcha da Sede Electrónica do Concello de Salceda de Caselas

No Concello de Salceda de Caselas vense traballando dende fai meses na implantación da administración electrónica no ámbito do traballo interno e de configuración de expedientes municipais. Con todo, e como o obxectivo é tamén introducir á cidadanía nestes cambios, ponse en marcha unha SEDE ELECTRÓNICA, á que se poderá acceder desde unha icona inserida na páxina web municipal (www.salcedadecaselas.es) ou ben tamén estará disponible dispoñible no enderezo electrónico: https://salcedadecaselas.sedelectronica.gal, cuxa titularidade corresponde a este Concello.
Esta sede dará acceso ao portal de transparencia, ao taboleiro de anuncios electrónico, á tramitación de expedientes e ofrece a posibilidade de recibir notificacións electrónicas ás que se accederá mediante certificado electrónico.
A sede electrónica será accesible aos cidadáns todos os días do ano, durante as vinte e catro horas do día. Só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo poderá interromperse, polo tempo imprescindible, a accesibilidade á mesma.
Co propósito de ir avanzando nestes cambios, ponse en xeral coñecemento da cidadanía a posta en marcha da sede electrónica do Concello de Salceda de Caselas o dia 13 de marzo de 2018.