O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellaríasde Vías e Obras e Turismo que dirixen Miguel González e Loli Castiñeira respectivamente, ven de poñer en marcha un Plan de Limpeza de beirarrúas e espazos públicos no casco urbán do municipio.
O Plan, que comezou coa limpeza da Praza do Concello, exténdese agora ás rúas humanizadas e aos espazos recuperados como a praza do mercado de abastos, e calcúlase que se extenderá en torno a un mes para deixar listas as principais rúas do casco urbano.
O Concello dá resposta así ás peticións recibidas por diversos veciños e veciñas neste senso, traballando para que as rúas da vila ofrezan a súa mellor cara a veciños e visitantes.
Miguel González, Concelleiro de Vías e Obras, apelou á colaboración cidadá para manter os espazos nas mellores condicións posibles, lembrando que “con un pouquiño que poñamos cada un de nós da nosa parte o resultado verase notablemente mellorado”
Inciden dende o Concello na campaña posta en marcha para o control das defecacións dos cans; campaña que está a dar vós resultados, e grazas á cal cada vez son menos os propietarios/as de mascotas que non recollen os excrementos dos animais.
Pola súa banda, Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo, incidiu na necesidade de traballar man a man entre todos e todas “para ofrecer unha vila fermosa e nas mellores condicións, polas que siga a ser un pracer pasear, e traballar. Seguimos a construír a Salceda que tanto queremos e que sentimos deste xeito tan especial, e entre todos e todas seguiremos a conseguilo”.