A Concellaría de Tráfico e a Policía de Salceda de Caselas informan a tódolos vecinos e veciñas que este fin de semán con motivo da celebración da “XXII dos Callos” produciranse unha serie de restriccións na circulación de vehículos polo casco urbán, dado os eventos que o Concello ten programados para os 3 días.
O venres 5 de setembro, coa celebración do “Salceda Hip Hop”, permanecerá pechada ó tráfico a rúa Pontevedra de 10:30 a 22:00 e o domingo 7 as rúas humanizadas de Joaquín Fdez Sestelo, R/ V.P.Vidal e Avda. de Galicia dende as 8:30 ata as 18:00.
No resto de rúas do centro urbán non se verá afectado o tráfico.
Pídese colaboración ós usuarios dos garaxes das rúas afectadas para que eviten facer uso dos mesmos.
Estableceuse un plan de traballo e coordinación entre os distintos medios de seguridade para poder axilizar dentro do posible a fluidez do tráfico ocasionando as menores molestias a veciños e visitantes.
Gabinete de Prensa 03 de Setembro de 2014.