Plan de tráfico da II 10K Concello de Salceda

A Concellaría de Tráfico do Concello de Salceda de Caselas informa do Plan de Tráfico por mor da celebración da II 10K o vindeiro domingo 4 de maio. Entre as 10:15 e as 11:00, hora de competición da categoría absoluta, haberá restriccións de tráfico nas rúas Dr. Zunzunegui, Victoriano Pérez Vidal ata o cruce con Rafael Tilve, Rafael Tilve, Lagoela, con eliminación de aparcamento nestas mesmas rúas. Así mesmo, a partires das 11:00 (hora prevista de chegada dos primeiros participantes á meta), o tráfico estará restrinxido en Avenida de Galicia, Rúa Arxentina, Rúa Pontevedra e Dr. Zunzunegui. Durante este tempo haberá tamén cortes puntuais de tráfico nas parroquias polas que transcorre a carreira: Parderrubias, San Xurxo, Picoña e Santa María.

A partires das 12:00, hora prevista para as competicións de categorías inferiores, haberá restriccións puntuais na Rúa Dr. Zunzunegui, Avenida Victoriano Pérez Vidal e Rúa Rollo.

Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico, agradece a colaboración prestada pola Policía Local xunto con Protección Civil neste tipo de eventos, así como a comprensión amosada sempre polas persoas afectadas por este tipo de restriccións no tráfico.

 

Gabinete de Prensa, 3 de maio de 2014