O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellarías de Parques e Xardíns e Vías e Obras, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio.
Así, nos parques infantiles existentes no casco urbano (Praza do Concello, Parque Aragonta e Parque da Gándara), estanse a levar a cabo obras de reparación dos columpios existentes, así como a sustitución dos que se atopaban en peor estado. Ademáis nos parques da Gándara e Aragonta estanse a rematar as sendas que posibilitan a accesibilidade aos columpios inclusivos recentemente instalados polo Concello, completando así o proceso de apertura dos parques para todos os nenos e nenas.
Tamén nos parques das parroquias se están a realizar actuacións. Concretamente estase a traballar nestes momentos no parque infantil da Arrotea, dando resposta así á petición feita pola Asociación de Veciños Carballeira de Picoña. Neste caso procedeuse á reparación dos xogos e as canastas existentes, así como á colocación dun novo columpio para os máis cativos. Por outra banda procedeuse á colocación dunha valla perimetral para garantir a seguridade dos nenos e nenas.
O Concello seguirá coa realización das obras de reparación e melloras precisas nos demáis parques das parroquias, para o que se está a realizar xa un traballo de avaliación naqueles parques que precisen algún tipo de intervención. Hai que lembrar o enorme crecemento poboacional de Salceda, que chegou a alcanzar a taxa de natalidade máis alta de Galicia, o que fai precisas actuacións deste tipo dirixidas á poboación infantil.
Loli Castiñeira, Concelleira de Parques e Xardíns: “Seguimos a traballar nos espazos adicados aos máis cativos, nunha vila coñecida polo seu alto índice de natalidade. Apostamos por uns parques infantiles accesibles nos que todos e todas poidan disfrutar sen impedimentos”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Damos resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións. Obras como a recuperación de Robás ou a do Parque da Arrotea son un exemplo das demandas veciñais que se levan a cabo para o use e disfrute de todos e todas”.