Novas

Máis de 365.000 € do Plan Concellos para mellorar viais do Casco Urbano

123.769,33 € corresponden á humanización da Rúa Compostela; 203.854,82 € será a aportación do 30% que o Concello ten que facer para a urbanización da Rúa Gándara, e resérvanse 37.515,99 € para o asfaltado do primeiro tramo da Rúa Rosalía de Castro ata a entrada do CRA Raíña Aragonta.

A XI Andaina Concello de Salceda percorrerá catro Concellos

A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece duas alternativas de participación, podendo elexir 25 ou 50 km. Celebrarase o vindeiro sábado 19 de maio, e as inscricións están abertas ata o martes 15.