Novas

Salceda recibe 250.000 € para atender a 100 persoas desempregadas

O plan acollerá a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

Salceda únese á moda da calistenia

O Concello de Salceda de Caselas ven de poner en marcha un parque de calistenia – Street work out na zona deportiva de Altamira orientado ao público xuvenil dando así resposta á demanda presentada por este colectivo para contar con espazos apropiados para eles.

Salceda estudia opcións para novas instalacións deportivas

Nesta semana, a Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, o Concelleiro de Deportes, Rubén González, e o arquitecto municipal, Rubén Martín, reuníronse con representantes da Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño, representantes do equipo de fútbol afeccionado da parroquia e representantes da Escola de Fútbol Denis Suárez.

Contratación dun técnico/a de orientación laboral interino/a

O obxecto desta convocatoria é a selección, en réxime de interinidade, dun posto de técnico/a de orientación laboral que prestará servizo no Concello do Salceda de Caselas para a execución con carácter temporal e non permanente do programa de orientación laboral dirixido á mellora da empregabilidade e á cualificación das persoas desempregadas

Concello e Xunta buscan solucións para o enlace da Lagoela

Nesta semana, a Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, e o arquitecto municipal, Rubén Martín, reuníronse con Jose Luis Díez, xefe territorial de infraestructuras e movilidade en Pontevedra, e Fausto Núñez, xefe da AXI de Pontevedra, para analizar os diferentes temas que ambas institucións teñen sobre a mesa.