Novas

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas lémbralle á veciñanza que conta cun servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo.

O Ameixoa F. C. protagonizará o Estourazo

A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do clube serán os encargados de disparar o xa tradicional “estourazo”, que este ano chega á súa décima edición.

Susana Seivane, plato forte do Verán Cultural de Salceda

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Alex Rodríguez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que o Concelleiro presentou esta mañá acompañado da Alcaldesa, Loli Castiñeira.