Novas

Salceda formará a 15 persoas desempregadas en servizos de bar e cafetería

O Concello de Salceda ven de abrir o prazo de presentación de ofertas para a contratación da acción formativa denominada “Certificado de profesionalidade HOT327_2 Servizos de bar e cafetería”, enmarcado dentro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, e que permanecerá aberto ata o 18 de febreiro.

Publicadas as bases para participar no desfile de Entroido

Durante a semana do 3 ao 9 de febreiro as agrupacións de Salceda poderán formalizar a súa solicitude, e dende o 10 ao 16 a inscrición abrirase para as agrupacións de calquera Concello. As agrupacións deberán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello.

O barrio da Bouzavedra completará a súa rede de saneamento

O comité directivo do Consorcio do Louro, no que participa a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a unha vintena de casas contar con este servizo esencial.