Salceda recupera a normalidade comercial
O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio, veñen de facer unha valoración positiva da primeira semana de apertura de comercio minorista e terrazas.
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio, veñen de facer unha valoración positiva da primeira semana de apertura de comercio minorista e terrazas.
A través deste enlace podedes acceder á retransmisión en directo do Pleno Ordinario do 14 de maio que se celebrará de xeito telemático pola declaración de Estado de Alarma a partir das 20:30.
O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 11.770 € á creación da exposición permanente que levará por título “O rancho de Reis de Salceda de Caselas”, que estará ubicada no hall do Auditorio Municipal. A mostra estará financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2020.
O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 43.137,79 € á atención ás familias máis desfavorecidas dentro da crise orixinada polo coronavirus a través do Programa de alimentos. A financiación será sufragada dentro de dúas liñas de subvención da Deputación de Pontevedra