Novas

Unanimidade para pedir unha segunda Galiña Azul

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou onte por unanimidade a solicitude de construción dunha segunda escola infantil de 0 a 3 anos no municipio, nos terreos que o Concello posúe ao lado do novo centro de saúde, na rúa Mártires de Sobredo.

Pleno ordinario 29/10/2020

Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno ordinario que se celebrará o xoves 29 de outubro no Concello de Salceda de Caselas, e que por mor da COVID19 non permite a asistencia de público

Pleno extraordinario do 15 de outubro de 2020

Neste enlace podes seguir a retransmisión do Pleno extraordinario que se vai celebrar o 15 de outubro de 2020 ás 12:45 e que por mor da COVID19 non permite a asistencia de público ao Salón de Plenos

Noites na rúa para dinamizar o comercio local

Un total de 25 establecementos participan na iniciativa, 16 comercios de diversos sectores que ofrecerán descontos do 25% e permanecerán abertos ata as 22:00 horas nos días de actividade, e 9 locais de hostelería que ofrecerán ofertas de “pincho máis consumición” dende 2 €.