O Programa Integrado de Emprego remata cun 58% de inserción
Salceda de Caselas ven de dar por rematado o seu Programa Integrado de Emprego, obtendo uns resultados moi positivos a pesares da crise sanitaria. O Programa supuxo un investimento de 305.000 €, financiados integramente pola Consellería de Emprego e Benestar da Xunta de Galicia.