A ORAL confírmalle ao Concello que dosificará o cobro dos recibos dos últimos catro anos de catastro
A directora do ORAL, Inmaculada Viña, ven de confirmarlle ao Concello de Salceda de Caselas, logo de diversas consultas realizadas dende o equipo de goberno, que o organismo de recadación está en disposición de emitir de xeito escalonado os recibos derivados da regularización catastral que está a levar o Ministerio de Facenda en Salceda e noutros municipios.