Novas

O Concello de Salceda de Caselas lanza a campaña “Sen Clientes non Hai Explotación” contra a prostitución e a explotación sexual.

O Concello de Salceda de Caselas lanza a campaña “Sen Clientes non Hai Explotación” contra a prostitución e a explotación sexual.

A través da área de Igualdade que dirixe Loli Castiñeira, o Concello de Salceda ven de impulsar a Campaña “Sen Clientes non Hai Explotación”, unha acción de sensibilización cidadá contra a prostitución e a explotación sexual que pon a lupa nos clientes e consumidores de prostitución e aborda a realidade desta gravísima violación dos dereitos humanos que constitúe unha forma de violencia contra as mulleres.

ANUNCIO: OBRADOIRO DE EMPREGO SUSTENTABLE

O Obradoiro de Emprego que se vai realizar contará coas seguintes especialidades:

Nivel 2: (SEAG0209) LIMPIEZA EN ESPACIOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS e (SEAG0108) XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIAiS

Nivel1: (AGAR0309) ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES.  (AGAJ0108) ACTIVIDADES AUXILIARES EN XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA e (AGAR0209) ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Salceda firma o maior contrato da súa historia con Sociser Galicia

O contrato permitirá levar a cabo o servicio de axuda no fogar no concello durante os próximos catro anos.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e o representante de Sociser Galicia S.L.U. firmaron o contrato de servicio de axuda no fogar no concello para os próximos catro anos. Trátase do contrato máis importante desta lexislatura ata o momento, tanto polo seu importe, que roza o 16% do orzamento, como na duración do mesmo, tres anos con opción a un máis de prórroga.