Novas

Salceda segue a mellorar a rede viaria do rural

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar as obras de mellora da estrada que une os barrios de Barreiro e Pomar de Suso, na parroquia de Santa María, coordinadas pola Concellaría de Vías e obras que dirixe a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira. O proxecto conta cun orzamento de 45.112,43 €, dos cales 37.283 € son financiados polo Agader a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais, e o resto con fondos propios do Concello.

Os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño presentan o seu obradoiro de emprego “SuStentable”

A Consellería de Emprego e Igualdade subvenciona o proxecto con 346.986 euros
As alcaldesas dos concellos de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, presentaron este venres 22 de outubro o obradoiro de emprego “Sustentable”, acompañadas de Ana Ortiz, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo. Ana Gómez Gómez conduciu o acto como directora do obradoiro.