Novas

O Concello de Salceda recupera 2.393,09 € do Céntimo Sanitario

No caso de Salceda estamos a falar dos gastos feitos tanto para combustibles da flota de vehículos do Concello como os gasóleos empregados para calefacción. A reclamación fora interposta en xullo do 2014, unha vez que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerase este imposto como non conforme coa normativa comunitaria.

“Overture”, primeiro disco dos salcedenses Batemento

Os compoñentes do grupo Batemento, acompañados pola Concelleira de Cultura Teresa Pérez, veñen de presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Overture”, que porán en escea este sábado 28 ás 22:00 no Auditorio Municipal.

Día Mundial do Teatro en Salceda

A Concellaría de Cultura de Salceda, dirixida por Teresa Pérez, organiza unha fin de semana adicada ás artes escénicas para conmemorar o Día Mundial do Teatro, que se celebra o venres 27 de marzo.