Novas

Programa de asesoramento a mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Salceda, dirixida por Teresa Pérez, pon en funcionamento un servizo de asesoramento en materias de violencia de xénero, menores e familia. O Programa está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2016.

Os nenos e nenas do CEP Altamira coñecen o CDL do Torrón

Case un centenar de nenos e nenas de 1º curso do CEP Altamira realizaron unha visita ao edificio do CDL do Torrón, para coñecer tanto as instalación como as actividades que nelas se ofrecen. Os cativos e os seus mestres foron recibidos pola Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira.

Campaña de seguridade en Salceda de Caselas

Adheríndose á Campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico sobre Cinturón de Seguridade e Sistemas de retención Infantil, a Policía Local de Salceda vai realizar controles durante a vindeira semana, do 14 ao 20 de marzo.