15 vivendas únense á rede de saneamento na parroquia da Picoña
A semana pasada deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial. Os últimos detalles revisáronse a pé de obra coa Alcaldesa, Loli Castiñeira, a empresa constructora, a empresa redactora do proxecto, e o xerente do Consorcio do Louro.