Novas

Salceda contratará a trece persoas este 2017

O Concello de Salceda contratará, ao longo deste ano 2017, un total de 13 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, garantindo a total transparencia e igualdade de oportunidades en todo o proceso.

O Concello de Salceda segue a avanzar en accesibilidade

Esta semana, o Equipo de Goberno do Concello de Salceda de Caselas ven de manter unha xuntanza con representantes de diversos colectivos de discapacitados. O obxectivo era analizar temas relacionados coa accesibilidade nos espazos públicos, buscando o apoio e o asesoramento dos diversos colectivos.